X.M. Fdez Castro

0xm_fdez_castro

Xosé Manuel Fernández Castro nado en Santiago de Compostela (A Coruña, Galicia) en 1963,  é un profesor e escritor galego. Doutor en Estudos Lingüísticos e Literarios do Galego e do Portugués, é tamén licenciado en Filoloxía Hispánica e Románica. Profesor de Ensino Secundario dende 1996, foi director e coordinador da edición das obras completas de Roberto Vidal Bolaño con Edicións Positivas. Traballou tamén  como adaptador de diálogos, actor e director de dobraxe entre 1984 e 1996. Colaborou en revistas como Grial e Revista Galega de Teatro.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *