Indicacións metodolóxicas

DESTINATARIOS

Alumnado de 3º e 4º da ESO, e/ou 1º e 2º de Bacharelato.

OBXECTIVOS

  • Tomar conciencia da situación de fraxilidade que os Dereitos Humanos padecen en moitos países do mundo.
  • Sensibilizar ao alumnado da necesidade xeral de velar polo cumprimento dos dereitos humanos e dos beneficios que aportan.
  • Coñecer e profundizar, a través dos casos dos autores tratados no proxecto Libertas e dos que haxa na lista de casos do Pen Internacional, da situación e do porcentaxe tan elevado de escritoras/es e periodistas que non poden exercer os seus dereitos fundamentais, principalmente o de expresión.
  • Comprobar que é posible alcanzar o cumprimento dos dereitos humanos dende as accións e a implicación persoais.

CONTIDOS

O bloque de contido único desta proposta é a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

METODOLOXÍA

Suxírese que a batería de actividades propostas nesta unidade didáctica se realice dende as seguintes liñas metodolóxicas:

  • Debe ser dirixida por un docente que cordine as didácticas a realizar.
  • Pode ser realizada en grupo pequeño, mediano ou grande ou en grupo-clase.
  • Poden ser realizadas na súa totalidade ou illadamente, seleccionadas previamente polo cordinador que as implemente.
  • É posible facer o programa dende calquera materia curricular