Xosé Luís Méndez Ferrín

BIOGRAFÍA

Naceu en agosto do 1938 en Ourense, cando a República Española comeza a súa fin, en plena guerra civil.

É fillo dun xuíz e unha mestra, circunstancia que favoreceu o seu acceso á cultura nunha época na que isto estaba moi restrinxido. Estuda dous anos de Filosofía e Letras en Santiago, e no 1956 gaña o primeiro premio no concurso literario Festas Minervais nesa mesma cidade.
Finaliza os estudos de Filoloxía Románica en Madrid, onde fundará con outros escritores o grupo cultural Brais Pinto.

En 1961 reside en Oxford, e entre 1962 e 1964 exerce a docencia en Lugo. A finais da década dos 50, implícase no movemento nacionalista galego, sendo un dos fundadores, no 1964, da Unión do Pobo Galego. Este activismo político provocou a súa detención en diversas ocasións.
No 2000 ingresa na Real Academia Galega, da que foi presidente entre o 2010 e o 2013.
É columnista no xornal Faro de Vigo e dirixe a revista A Trabe de Ouro.

 

OBRAS

Autor dunha inxente produción literaria, destaca en varios xéneros, con publicacións en numerosas linguas. En poesía destaca Voces na néboa (1957), Con pólvora e magnolias (1976), Poesía enteira de Heriberto Bens (1980), O fin dun canto (1982) , etc.
En narrativa poden destacarse O crepúsculo e as formigas (1961), Retorno a Tagen Ata (1971), Arnoia, Arnoia (1985) Arraianos (1991), No ventre do silencio (1999), etc.
Debe destacarse tamén o seu ensaio literario “De Pondal a Novoneyra” (1994), entre outros.

CAUSA

Foi detido por diversas causas e en varias ocasiones. En 1972 foi arrestado pola defensa do idioma e identidade galegas, ao atopárselle o orixinal da obra O corvo, a figueira e a fouce de ouro, escrita en lingua galega. Ao frustrarse o intento que realizou o secretario do Pen Club Internacional de asistir ao xuízo, esta organización resolveu designalo autor representativo da represión no 1972.