Susana Chávez

BIOGRAFÍA

Poetisa. Naceu en Ciudad Juárez no 1974. Foi mutilada e asasinada nesa mesma cidade no 2011. No momento da súa morte, era estudante na Facultade de Psicoloxía.

Foi unha destacada activista e defensora dos Dereitos Humanos en Ciudad Juárez, loitando por esclarecer e facer visible os feminicidios que ocorren nesa zona de México.

OBRA

Como poetisa, a temática principal da súa obra centrouse na violencia contra as mulleres; conta con numerosas publicacións no seu blog oficial Primera Tormenta, onde destaca o poema Sangre nuestra de 2004.
Moi activa, dirixiu curtametraxes, participaba en programas de radio, encontros de poetas, tanto estatais como municipais, lecturas en marchas de recordatorio polas mulleres desaparecidas e mortas en Ciudad Juárez...; publicou artigos en revistas e distintos xornais, e foi modelo para a portada da

película “16 en la lista”, dedicada aos crimes de mulleres nesa rexión mexicana.
Atribúeselle a autoría do famoso lema “NI UNA MUERTA MÁS”, símbolo da loita polos asasinatos de mulleres en Ciudad Juárez.

CAUSA

No 2011, con posterioridade á súa morte, o Pen Internacional realizou unha campaña para honrar a vida de escritores e xornalistas asasinados nese mesmo ano.
Meses máis tarde, este organismo publicou unha antoloxía “Escribe contra la impunidad”, que contén poemas dedicados a Susana Chávez.
No 2013 realizou un informe reclamando a investigación e transparencia nas desaparicións e asasinatos de xornalistas e escritores, que foi entregado ao Alto Comisionado de los Derechos Humanos
O Día Mundial da Poesía do ano 2015, o Pen Internacional destacou casos de escritores e escritoras perseguidos en todo o mundo, centrándose en 5 autores, entre os que se incluíu a Susana Chávez.