Pamuk

BIOGRAFÍA

Orhan Pamuck naceu no ano 1952 no seo dunha familia acomodada, na mesma casa situada na costa europea de Istambul onde segue redactando os seus textos.

Acudiu a unha escola laica, onde se ensinaba inglés e turco. Dende a súa infancia ata os 22 anos dedicouse á pintura e soñaba con ser artista. Despois da secundaria iniciou estudos de arquitectura, que abandonou para ser novelista. Graduouse en xornalismo na Universidade de Istambul, pero nunca exerceu.

Pamuk viviu sempre nas mesmas rúas de Istambul, exceptuando entre o 1985 e 1988, que o fixo en Nova Iorque , onde traballou como profesor na Universidade de Columbia, regresando despois ó seu país.

No 2004 foi procesado por “insultar a esencia de Turquía”; no 2006 o seu proceso foi sobresido.

 

Nese mesmo ano (2006) concedéronlle o Premio Nobel de Literatura como escritor que “na busca da alma melancólica da súa cidade natal atopou novos símbolos para reflectir o choque e interconexións das culturas.”

OBRA

O seu primeiro éxito viría coa obra “O astrólogo e o sultán” (1985). Este texto chamou a atención, entre outros, de John Udrike, quen comparou o autor turco con Proust.

Despois virían, entre outras, “O libro negro”(1990) que redactou na súa maior parte en Nova Iorque, “A vida nova” (1995), que se converteu nun dos libros máis lidos da literatura turca, “Chámome roxo”(1998), ”Neve”(2002), “O museo da inocencia”(2009) e a última “Unha sensación rara”(2015).
O xenio literario de Pamuk derívase de como representa nos seus textos o home enfrontado a un gran dilema: a imposible elección entre a secularidade occidental (a tradición ilustrada) e o oriental (a tradición islámica).

CAUSA

O novelista turco Orhan Pamuk, xunto con outros escritores, está sendo acusado de ser “monicreque de Occidente” por certos sectores da prensa. O Pen Internacional , preocupado porque xa fora levado a xuízo por “insultar a identidade turca” no pasado, considera que está sendo atacado, unha vez máis, pola súa lexítima liberdade de expresión e teme que o autor estea en risco de enfrontar o mesmo tipo de ameazas contra a súa vida que xa sufrira con anterioridade.