Liu Xiaobo

BIOGRAFÍA

Naceu o 28 de decembro do 1955 en Changchun, capital de Jilin, na rexión noreste da República Popular China. Procedente dunha familia de tradición intelectual, licenciouse en Dereito no 1973 e comezou a involucrarse cos movementos campesinos.

Contraeu matrimonio coa poeta Liu Xa e no 2003 converteuse no Presidente do International Pen Club de escritores en China.

A súa traxectoria profesional levouno a especializarse en literatura e a doutorarse en Filosofía, o que posibilitou que traballase e colaborase en varias universidades como Beijing, Colombia, Oslo ou Hawai…

No momento do estoupido das protestas estudantís na Praza de Tianamen o 4 de xullo de 1989, atópase en USA, dende onde viaxa a Beijing para sumarse á revolta, polo que foi condenado a 2 anos de prisión.

As súas ideas téñenlle custado detencións e encarceramentos en varias ocasións, aínda que tamén recoñecementos internacionais, como o concedido por Reporteros sin Fronteras, “Fundación de Francia”, etc. O 8 de outubre do 2010 foille concedido o Premio Nobel da Paz, que non puido recoller en persoa por estar en prisión. A actriz Liv Ullamn leu unha declaración que o escritor tiña preparada para defenderse durante o xuízo ao que foi sometido no 2009. Deste manifesto provén a súa famosa sentencia : "Non teño enimigos, non coñezo o odio", que deu título a unha das súas obras.

BIBLIOGRAFÍA

Intelectual, activista e escritor, Xiaobo é autor de ensaios, manifestos e poesía. Destacan entre outros moitos Non teño enimigos, non coñezo o odio (2011), Elexías do 4 de xuño (2012) e La philosophie du porc et autres essais (2011)

CAUSA

Está no cárcere dende 2009, cumprindo unha pena de 11 anos de prisión por “tentativa de subversión do estado” ao emitir a “Carta 08”, un manifesto en defensa, entre outros, da liberdade de expresión, as eleccións democráticas e os dereitos humanos na China.