Jude Dibia

BIOGRAFÍA

Naceu en Nixeria o 5 de xaneiro de 1975. Licenciouse en linguas europeas modernas, na especialidade de alemán, na universidade nixeriana de Ibadan.

OBRA

Ata o momento Dibia é autor de tres libros: “Walking with Shadows” (2005), “Unbridled” (2007) e “Blackbird ” (2011). A súa narrativa foi cualificada, tanto pola crítica como polo público, como audaz e controvertida.

“Walking with Shadows” é a primeira novela que en Nixeria presenta un homosexual como personaxe central. Pola súa parte “Desenfrenada” tamén provocou certa controversia polo seu argumento, ao narrar a historia que forza á emancipación da súa protagonista feminina, quen sofre incesto e abusos sexuais durante anos. Con esta obra o autor gañou en 2007 o Premio Ken Saro-Wiwa de Prosa.

 

Asemade, publicou numerosos relatos curtos en distintas direccións online, como AfricanWriter.com ou Halftribe.com. A temática destes textos é diversa, e temas como a sexualidade, os roles de xénero, o estigma do VIH / SIDA no continente africano ou os dereitos dos homosexuais son recorrentes na súa obra.

Entre estas narracións atópase “Among strangers” onde , pese á súa ficción, deixa entrever claramente os conflitos e complexos lingüísticos entre linguas dominantes e vernáculas que se producen en certas zonas do seu país natal.

CAUSA

A súa primeira novela causou unha gran trasfega, pois na maior parte do continente africano as actividades e defensa dos colectivos de homosexuais e lesbianas son rexeitadas e mesmo criminalizadas.
En xaneiro de 2014 o goberno nixeriano aprobou unha lei que penaliza as mostras públicas de afecto entre parellas do mesmo sexo, e restrinxe o traballo de organizacións en defensa das persoas homosexuais. A entrega en vigor desta lei obrigou o escritor a abandonar o seu país natal.
Na actualidade reside na cidade sueca de Malmö.