Ángel Cuadra

BIOGRAFÍA

Naceu en La Habana, Cuba, no 1931. Doutorouse en Dereito na Universidade de La Habana e no Seminario de Artes Dramáticas do Teatro Universitario da mesma cidade.  Foi un dos fundadores do Grupo Literario Renuevo, no 1957. Exerceu a profesión de avogado durante once anos, ata 1967.
Emigrou a Estados Unidos en 1985, onde obtivo unha mestría en Estudios Hispánicos na Universidad Internacional de la Florida, onde é actualmente profesor adxunto no Departamento de Lenguas Modernas. É ademais, docente do Seminario de Teatro Prometeo, do Miami-Dade Community College; dende hai algúns anos escribe unha columna semanal no Diario Las Américas.

OBRA

Ten publicados os libros de poesía  Peldaño (1959), Impromptus  (1977), Tiempo del hombre (1977), Poemas en correspondencia (1979), Esa tristeza que nos inunda (1985), Fantasía para el viernes (1985), Las señales y los sueños (1988),Réquiem

violento por Jan Palach (1989) y el ensayo Escritores en Cuba Socialista (1986), etc.

Gañou , entre outros, os premios de poesía ‘Rubén Martínez Villena’ (Universidad de La Habana, 1954), ‘Círculo de Escritores y Poetas Iberoamericanos de Nueva York’ (1958), ‘Premio Presidencial del PEN Club de Los Ángeles’ (EEUU, 1986), ‘Premio Amantes de Teruel’ (España, primeiro hispanoamericano en obtelo) e o ‘Premio de Poesía José María Heredia’ da Asociación de Críticos y Comentaristas de Arte (ACCA, E.U., 1993), polo seu libro La voz inevitable.
Os seus libros e poemas foron traducidos a numerosas linguas.

CAUSA

Opositor tamén da ditadura cubana de Fulgencio Batista (antes de 1959), foi detido no 1967 por actividades políticas subversivas contra a ditadura política e sancionado con quince anos de cadea. En outubro de 1980, o PEN Club de Suecia nomeouno “membro de honra” do mesmo. En marzo de 1981, Amnistía Internacional seleccionouno como “o prisioneiro de conciencia do mes” no mundo.