Concurso de Fotografía

BASES

Participantes

Poderán participar tódalas alumnas e alumnos que visiten a exposición.

Tema

Reflexións sobre o visto na exposición;
“capturo co meu móbil o que me suxire a exposición”

Número de fotos por concursante e características

Cada concursante poderá participar con un máximo de tres fotografías, en branco e negro ou a cor, que deberán ir acompañadas dun título e un breve comentario acerca do por que o autor ou a autora elixen esa foto coma alusiva aos temas que se tratan na exposición.

As fotografías serán orixinais e inéditas e non poden ter sido publicadas previamente en revistas, xornais ou libros 

impresos ou on line ou ter sido premiadas con anterioridade en ningún outro concurso fotográfico.Cada unha das instantáneas non excederán dun máximo de 8 MG cada unha de capacidade.

Presentación das obras

Os participantes deberán presentar o material co nome e apelidos do autor, DNI, teléfono e dirección de correo electrónica.
As fotografías deberán ser enviadas a través do correo electrónico ou “we transfer” á seguinte dirección electrónica:

imerribeira@gmail.com

Condicións

Tódalas fotografías que participen neste concurso pasarán a formar parte do arquivo fotográfico do IMER e poderán ser exhibidas e publicadas nalgunha exposición, se a organización do mesmo así o considera.

Xurado

Estará formado por 5 persoas entre membros do Pen Galiza, o IMER e/ou algunha persoa que a organización determine ao efecto en cada ocasión.

Prazo de presentación, premios e publicación

As datas de presentación, premios e eventual publicación serán especificadas públicamente en cada ocasión e lugar no que se exhiba a exposición.