Banco de Actividades Transversais

As actividades transversais que presentamos a continuación complementan a exposición Libertas e constitúen unha proposta didáctica interdisciplinar que toma como centro de interese ou eixe transversal a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Están articuladas por grupos temáticos acorde aos diferentes artigos desta Declaración, polo que poden ser realizadas acorde ao bloque de contido que se prefira traballar; poden tamén ser acometidas na súa totalidade ou parcialmente.

A finalidade desta proposta pode resumirse coas palabras que están redactadas no preámbulo da Declaración:

“Considerando que o descoñecemento e o menosprezo dos dereitos humanos orixinaron actos de barbarie aldraxante para a conciencia da humanidade; e que se proclamou como a aspiración máis elevada do homo, a chegada dun mundo no cal os seres humanos, liberados do temor e da miseria, desfruten da liberdade de palabra e da liberdade de crenzas”.