Elena Gallego Abad

elenagallegoabadElena Gallego Abad foi galardoada co Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo da Deputación de Ourense no apartado de Medios Audiovisuais (1998) e co Premio Frei Martín Sarmiento (2012). Nada en Teruel (Teruel, Aragón) o 27 de maio de 1969, criouse en Verín (Ourense, Galicia) e iniciouse como xornalista en 1987 na emisora Radio Ourense. Entre 1994 e 1996 colaborou como redactora e fotógrafa para La Voz de Galicia e La Región. En 1999 pasou a traballar no Faro de Vigo nas delegacións de Ourense e Pontevedra e dende 2002 a 2013 na de Cangas. Pertence ao Colexio Oficial de Xornalistas de Galicia, así como á Federación Internacional de Periodistas.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *