(1996) Breve historia dos Premios Rosalía de Castro

rosaliadecastroNo ano 1996, o Centro PEN Galicia, presidido daquela polo escritor Carlos Casares, instituiu os Premios “Rosalía de Castro”, destinados a galardoar a traxectoria literaria de catro autores ou autoras relevantes en lingua portuguesa, castelá, catalana e basca. A finalidade destes premios foi distinguir desde a literatura galega, aos outros sistemas literarios da Península Ibérica (para as linguas castelá e portuguesa, extensivos a Iberoamérica e África). De carácter bianual, estes premios levan o nome de Rosalía de Castro, a escritora galega máis emblemática.

1ª edición (1996) Jose Saramago (portugués), Gonzalo Torrente Ballester (castelán), Joan Perucho (catalán) e Bernardo Atxaga (basco).

2ª edición (1998) António Lobo Antunes (portugués), Manuel Vázquez Montalbán (castelán), Miquel de Palol (catalán) e Juan Mari Lekuona (basco).

3ª edición (2000) Sophia de Mello (portugués), José Ángel Valente (castelán), Pere Gimferrer (catalán) e Anjel Lertxundi (basco).

4ª edición (2002) Nelida Piñón (portugués), Ernesto Sabato (castelán), Ricard Salvat (catalán) e Felipe Juaristi (basco).

5ª edición (2004) Rubem Fonseca (portugués), Francisco Brines (castelán), Carme Riera (catalán) e Ramón Saizarbitoria (basco)

6ª edición (2006) Agustina Bessa-Luís (portugués), Isabel Allende (castelán), Josep Palau i Fabre (catalán) e Arantxa Urretabizkaia (basco).

7ª edición (2008) Mia Couto (portugués), Álvaro Mutis (castelán), Joan Margarit (catalán) e Jon Kortazar (basco).

8ª edición (2010) Lêdo Ivo (portugués), Antonio Gamoneda (castelán), Francesc Parcerisas (catalán) e Itxaro Borda (basco).

9ª edición (2012) Jose Viale Moutinho (portugués), Mª Esther Vázquez (castelán), Enric Casasses (catalán) e Miren Agur Meabe (basco).

10ª edición (2014) Pepetela (portugués), Claudia Piñeiro (castelán), Antoni Serra (catalán) e Kirmen Uribe (basco).

A 11ª edición terá lugar este 2016 no marco do 82º Congreso do PEN International.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *